Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí, descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial, co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían é que o afundimento do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas. «A praia da esperanza» é unha narración escrita durante os meses en que Galicia viviu a catástrofe do Prestige. A fantasía e a realidade mestúranse no relato e acaban por confluír nunha crónica da intensa resposta social que se produciu aquel inverno.