Noticias Volver

MAR
11

Presentación do libro "O practicante rural" de Xoan Rubia

O martes 11 de marzo ás 19:30h presentarase no Torrente Ballester o libro de Xoan Rubia, "Practicante rural."

Presentación do libro

Sinopse:

Xoán Rubia, máis coñecido pola súa faceta musical, achéganos en O practicante rural as lembranzas da súa traxectoria profesional en que se enmarcou a súa vida fóra dos escenarios, “onde calquera parecido coa realidade non é pura coincidencia”. Un traballo, pouco valorado e menos recoñecido, dos profesionais que foron o primeiro elo da cadea da sanidade pública, hoxe en perigo.

Quere ser este libro unha modesta homenaxe aos compañeiros e compañeiras de profesión que nalgún intre se viron mergullados na soidade dalgunha vila ou aldea de Galicia coa encomenda de ofreceren un servizo público á cidadanía.

Volver