Descuento:
-5%Antes:
Despues:
9,50 €A escrita de Eduardo Fra Molinero é, simplemente, inimitábel. Na súa sinxeleza, dáse unha precisión de difícil imitanza, moi do gosto dun lectorado extenso. Claro exemplo deste estilo, son as colaboracións xornalísticas, tan apreciadas por unha audiencia fiel a eses seus relatos ou contares de xorne tan coloquial, e aparencia, por veces, case banal. Mais lonxe diso, e dunha lectura que puidese parecer epidérmica, a profundidade e calado reflexivo en que normalmente nos mete como lectores, coloca os seus escritos na senda dese alto xornalismo que o que acaba, en verdade, é por crear escola.