UNHA XUSTIZA EN DIALOGO CO PAIS. CONVERSAS CON CARLOS VARELA

UNHA XUSTIZA EN DIALOGO CO PAIS. CONVERSAS CON CARLOS VARELA

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-9151-544-9
Páginas:
168
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
ENSAIO
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

17,00 €

“Cada vez que aparezan problemáticas na sociedade, hai que ter a capacidade e a imaxinación de saber como tratalas.”

Esta frase de Carlos Varela, fiscal superior de Galicia entre o ano 2004 e principios do 2015, sintetiza non só unha forma de traballar, senón tamén unha forma de ser. Ambas teñen moito que ver no seu percorrido como máximo responsable da Fiscalía Superior de Galicia durante unha década. O espírito que encerra a afirmación está presente en gran parte destas conversas, celebradas durante o 2009, ano en que foi reelixido para un segundo mandato.

A urxencia de facer as cousas —e de facelas desde unha diagnose previa e cunha avaliación posterior— é unha das calidades dun home que ten marcadas varias cruces no seu mapa vital, de xeito que este libro viaxa polo Carballiño, Vigo, Cangas ou A Coruña. O relato, que arranca no momento do seu nomeamento, tamén salta no tempo para asomarse á infancia, que sempre marca o futuro; á época de estudante, chea de anécdotas; aos inicios no traballo en paralelo á vida familiar, pero, sobre todo, a unha etapa máis reducida en anos, pero intensa en responsabilidades, como foi a que pasou á fronte da Fiscalía.