Volve á carga Álex García
Alejandro GarcíaHai un par de anos Alejandro García daba a nota en Viñetas desde o Atlántico presentando un volume autoeditado titulado Terra de Man, obra moi valente que contaba cunha tiraxe de 450 exemplares á venda por 12 euros.
A Álex atopeino en máis eventos frikis na cidade da Coruña, como en ExpOtaku, ao que acudiu disfrazado; pero aínda que onte coincidín con el diante da caseta de Nosolotoys.com, non caera na conta de que estaba alí porque era o establecemento no que estaban a despachar a súa nova obra, El Criminólogo Intergaláctico: The Light of Brigantium, que desta volta chega con tapa dura, texto tipográfico e o logotipo da Deputación da Coruña na súa contraportada (detalle especialmente rechamante):
El Criminólogo Intergaláctico
No que ao interior do volume se refire, coido que o máis que podo dicir é que está na liña de Terra de Man:
Interior de El Criminólogo Intergaláctico
Unha vez máis, confírmase que Álex García é un grande seareiro de Sherlock Holmes, aínda que esta semana aínda non o vin co puch que o demostra. ;)
marcus.gal