Cando a señora Little ten o seu segundo fillo, todo o mundo advirte que non é maior ca un rato. Ademais, o pequeno Stuart parécese moitísimo a un rato en todos os aspectos, polo que temen que calquera día escape pola rateira. Pero, aínda que Stuart Little está disposto á aventura, só marcha da casa para buscar a súa amiga Márgalo cando esta extraordinaria ave desaparece.