Nun mundo onde a «Cobiza» deu paso á destrución, no momento en que as «Multitudes» se atopan na encrucillada, «Retorno» desentraña as capas que compoñen a cerna desta «Triloxía dos seres completos». Nesta nova e derradeira novela conflúen todas as voces, os tempos e as historias dos libros precedentes para enfrontarse a unha pregunta vital: en mans de quen deben estar as decisións que determinan a supervivencia do planeta?
Unha vez máis, Reimóndez tira da filosofía, da ciencia, da aventura e dunha escrita complexa e profunda para, dende voces que superan o humano, dar unha resposta innovadora e emocionante ás preguntas do presente a través dunha potente historia de ficción.