A obra Oxalá puidesen falar é a primeira do autor, James Herriot, pseudónimo de James Alfred Wight, quen foi un veterinario e escritor británico que utilizou os seus moitos anos de experiencia profesional para escribir unha serie de libros que consistían en historias sobre animais e os seus donos. Foi tal o seu éxito mundial que a súa obra foi levada en varias ocasións ao cinema e a televisión. Aínda que a obra de inspiración autobiográfica ten lugar no Yorkshire dos anos corenta sigue mantendo a beleza emocional e a hilarante retranca que brilla con esplendor na lingua galega. É unha lectura recomendable para todo amante dos animais e indispensable para todas aquelas persoas relacionadas coa profesión veterinaria.