?Os contos da avoa Pepa? atesouran a memoria dos nosos maiores, dun pasado con menos comodidades e sen os adiantos tecnolóxicos de hoxe en día, pero falan dunha Galicia coa autenticidade
e co encanto da paisaxe e da paisanaxe rural; dun tempo no que
as historias pasaban de avós, a fillos, a netos, xeración tras xeración; dos contos de fórmula, das diviñas, das cantigas e dos xogos tradicionais, das fábulas; do entusiasmo dos cativos gozando cunha sinxela caixa de pinturas. Mais ?Os contos da avoa Pepa? tamén traen recordos agres da emigración, das guerras e da represión...