Publicada en 1928. O porco de pé está considerada pola crítica como a novela que modernizou definitivamente a narrativa galega.
Auténtica cerimonia carnavalesca, a obra mestra de Vicente Risco é unha parodia na que se debuxa, con claridade, ironía e agudeza, unha sátira da nacente sociedade de consumo. A profesora Olivia Rodríguez González encargouse de realizar esta edición anotada, comentando particularidades da transmisión textual e aclarando o sentido do texto, especialmente no tocante ás referencias culturais que o autor manexou.