Tide séntese afortunada:
a súa señora, a sacerdotisa Ura, elixiuna para formar parte do séquito, que a acompañará nuha longa peregrinación ata o Templo do sol Nacente. Con todo, axiña descubrirá que os motivos que levaron a Ura a abandonar a súa terra pouco teñen que ver coa devoción aos deuses. Ás dificultades inherentes a calquera viaxe sumaranse os riscos que comportan a ambición, o poder e as intrigas dos templos e dos pazos.
Mentres os seus ollos exploran as novas terras, Tide internarase tamén nos vertixinosos camiños do amor, da morte, da decepción, da admiración e do crecemento persoal, O ouro das Lúas é unha viaxe onde o destino sobrevoa coma un paxaro de incerto agoiro e a lúa chega a confurndirse co sol para gardar dentro dela os máis luminosos segredos.