O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA

O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
LENGUAS
ISBN:
978-84-1110-119-6
Páginas:
768
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

27,90 €
Comprar

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos.
Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal.
Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.

Otros libros del autor

  • MAXICAMENTE VELLA, ETERNAMENTE NOVA, A LITERATURA TRADICIONAL GALEGA
    Titulo del libro
    MAXICAMENTE VELLA, ETERNAMENTE NOVA, A LITERATURA TRADICIONAL GALEGA
    CALLÓN, CARLOS
    Por que a túa tataravoa estaría contenta co Día das Letras de 2025? Que son as "recolleitas" que fascinaron a C. Ta...
    En stock

    11,50 €

  • VIDAS E HISTORIAS LGBT DA IDADE MEDIA
    Titulo del libro
    VIDAS E HISTORIAS LGBT DA IDADE MEDIA
    CALLÓN, CARLOS
    Neste libro analízase a evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentaci...
    En stock

    19,50 €

  • A  ABERTURA DA BOCA
    Titulo del libro
    A ABERTURA DA BOCA
    CALLÓN, CARLOS
    No Antigo Exipto existiu un ritual relixioso que recibiu o nome de “abertura da boca”, uep-rá. Con el, conseguíase q...
    Disponible en 5 días

    12,00 €

  • INSCRICIÓNS
    Titulo del libro
    INSCRICIÓNS
    CALLÓN, CARLOS
    A morte. A vida. O que as une. Pulsións que atrapa o poeta cando pretende que as palabras sexan marco para o apreixa...
    RECÍBELO EN 72H

    16,35 €

  • GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES
    Titulo del libro
    GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES
    CALLÓN, CARLOS
    «Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración qu...
    RECÍBELO EN 72H

    20,50 €