Por mor da guerra que asola a cidade, un rapaz queda orfo. Cando é trasladado ao orfanato, descobre que as únicas pertenzas que lle quedan (un caderno e uns lapis que lle regalara a súa nai), teñen poderes máxicos: todo o que debuxa vólvese realidade. Co poder da imaxinación e a axuda dos novos amigos que crea, tentará fuxir do orfanato e atravesar a cidade para volver á súa casa. Pero os temibles Homes Máscara, os soldados que están invadindo a cidade, non llo porán nada doado...