Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001).
Estas tres obras, fulcrais na construción da personalidade intelectual e creativa de Luísa Villalta, son unha mostra do seu compromiso coa escrita e a sociedade que lle tocou vivir, onde, como ela dixo, “as palabras son enerxía contra o tempo e o único depósito fiábel para a esperanza”.