OLEBY, CRISTINA; TOLOSA, MARIONA
Os Insectos Especiais son un grupo secreto de alto rendemento especializado no rescate doutros insectos. Posúen unhas habilidades que os fan invencibles.Estes insectos, foron chamados para unha importante misión: na cociña dos González hai unha formiga secuestrada por un paxaro. Mosca é a que deu a voz de alarma. Divisouna nun dos seus voos de recoñecemento. Serán capaces de salvala?Un libro con HUMOR en letras maiúsculas no que moitísimos nenos e nenas veranse atrapados nesta historia de rescate ao máis puro estilo de 'Misión Imposible'.Novo libro de Cristina Oleby e Mariona Tolosa, experta escritora infantil moi recoñecida polo humor aplicado nas súas historias.Unha historia de bechos absurda e divertidavpara fartar de rir. Pícache a curiosidade? Advertimos... uns pican e outros non!