Xa só as tempestades visitan os cumios esgrevios da vella Misarela. Ao pequeno eremitorio chega un día un perigoso cargamento que foxe dun destino tráxico.
Xa nada será igual. Dende ese intre, a paz dos cenobitas transfórmase nun día a día convulso e incerto, igual que a nova orde instaurada no Reino de Castela ou os cambios que está a sufrir a vella Europa. Xa nada lles será alleo. Avecíñanse novos tempos.
É a fin dunha Era.
Chega a invención do artiluxio máis revolucionario da Historia. Tamén o descubrimento dun novo mundo, alén do mar océano. Mesmo a opción máis desesperada pode servirlle ao custodio dos libros para salvar o seu legado ancestral.
Para estender a luz sobre as tebras.
Cambiar o mundo para sempre.