Espertei
Nese intre deixei de abranguer a illa cos meus brazos para saltar ao máis escuro onde os pensamentos eran líquidos e as mans, nerviosas, procuraban un camiño de volta entre as escumas.
E vinme noutro espazo.
Parecía un xardín azul, sen hortensias. Se me achegaba, descubría que era unha fraude cada planta e que peixes de cores cruzaban polas redes das follas e abrían as bocas invocando o meu nome.
Espertei nun mundo distinto, pero eu era a mesma.
Por primeira vez podía sentir o paradoxo dun soño.