Durante a ocupación xaponesa de Corea, un dos episodios máis escuros da historia do país, a moza Okseon viuse convertida, como moitas outras mulleres coreanas, en “muller de conforto”. Esta novela gráfica conta como esta rapariga chegou a unha base aérea chinesa para converterse en escrava sexual para as tropas do exército imperial xaponés, como sobreviviu, cunha admirable resiliencia, e como a súa actitude serviu de exemplo.
A debuxante Keum Suk Gendry-Kim entrevistou a “avoa” Lee Okseon no asilo onde vivía e trasladou a súa experiencia á novena arte cunha gran sensibilidade.