GRIAL 244 (O.N.D. 2024) REPENSAR O HUMOR DE FERNAN

GRIAL 244 (O.N.D. 2024) REPENSAR O HUMOR DE FERNAN

Editorial:
XUNTA DE GALICIA
ISBN:
978-92-0-019069-8
Disponibilidad:
En stock

13,50 €
Comprar

O conxunto de estudos que se abordan neste monográfico de Grial que pecha o ano, comprende traballos de persoas que nos dedicamos á filosofía universitaria e, con máis ou menos fortuna, tamén á tarefa de pensar, ben que con tan escasa coma non indesexable repercusión fóra das nosas aulas e das nosas vidas. Hai tamén un cuarto traballo dunha filóloga e investigadora rosaliana, a quen precede a súa sona como muller que pensa.

Xuntámonos aquí co gallo de dedicarlle unhas letras á primeira figura indiscutible do pensamento galego: Celestino Fernández de la Vega (1914-1986), Cilistro, posición gañada, sabemos que sen pretendelo, en virtude do rango filosófico da súa obra principal, O segredo do humor (Ed. Galaxia, 1963), así como do brillo e elegancia dos textos breves publicados postumamente baixo o título de Ensaios a proba do tempo (Ed. Galaxia, 2009), sen esquecer a audacia da súa edición de Heidegger: Da esencia da verdade (Ed. Galaxia, 1956), que confrontou a censura franquista co gallo de anoar o pensamento galego ao centroeuropeo.

Cilistro non produciu unha obra extensa, pero afitou o tiro ao tratar o tema que lle propuxeron os editores de Galaxia: o humor. Pero Cilistro non fixo o que lle pediron, non investigou só sobre o humorismo galego, senón que abordou o tema dun xeito universal e con tanta fondura como rigor, como non podía por menos que facelo unha cabeza xenuinamente filosófica.

Baixo este impacto xorden os traballos deste número: Antonio Blanco Salgueiro confróntanos coa actualidade do tema do humor no ámbito da filosofía da linguaxe de tradición anglosaxoa e oriéntanos sobre a retranca dende a óptica da teoría dos actos de fala de Austin. Amoesta levemente a Cilistro por esquecer que, precisamente, a fala cotiá é camiño aberto onde nace o humor, sobre todo se o debemos considerar como expresión da mentalidade dun pobo nunha situación sociohistórica determinada.

Máis próximo á tradición filosófica continental, Óscar Parcero Oubiña pondera o fenómeno do humor como limiar, é dicir, como unha especie de non-lugar entre outros ou como un lugar de non doado acomodo. Revisa a interpretación que fai De la Vega de Nietzsche, Schopenhauer, Bergson…, e loa a súa interpretación da novela cervantina, que ben podería ser merecente da interlocución de especialistas de tanto prestixio como Iffland. Lamenta, con todo, a escasa atención dedicada por Cilistro a Kierkegaard e mesmo o desacerto de telo despachado nunha frase na que cualifica o dinamarqués de home nada humorista.

Otros libros del autor

  • ESPAÑA EN EL MUNDO
    -5%
    Titulo del libro
    ESPAÑA EN EL MUNDO
    VARIOS
    La sociedad internacional se encuentra en un proceso de transición: en este primer cuarto de siglo convergen element...
    En stock

    19,90 €18,91 €

  • MUSIC QUEENS
    -5%
    Titulo del libro
    MUSIC QUEENS
    VARIOS
    Diez canciones que cambiaron el mundo, diez cantantes femeninas que rompieron moldes, dieron un vuelco a la música, ...
    En stock

    21,95 €20,85 €

  • ALFONSO ZULUETA. UNHA HUMANIDADE VIVIDA
    -5%
    Titulo del libro
    ALFONSO ZULUETA. UNHA HUMANIDADE VIVIDA
    VARIOS
    ALFONSO ZULUETA DE HAZ (1924-2017) foi home de fondas conviccións e compromisos. Neste libro recóllensetestemuños de...
    En stock

    22,00 €20,90 €

  • AXENDA GALAXIA 2025
    Titulo del libro
    AXENDA GALAXIA 2025
    VARIOS
    Editorial Galaxia celebra o seu 75 aniversario poñendo á venda a AXENDA GALAXIA 2025, coa que conmemora o seu naceme...
    Descatalogado

    19,60 €

  • GRIAL 243 (X.A.S.2024)DO CAOS Á CONCORDIA. O DESAFÍO DA CONVIVENCIA
    Titulo del libro
    GRIAL 243 (X.A.S.2024)DO CAOS Á CONCORDIA. O DESAFÍO DA CONVIVENCIA
    VARIOS
    A serie de televisión británica Years and Years (2019) imaxina unha historia contemporánea atravesada por infinidade...
    En stock

    13,50 €