Este libro recolle os traballos e debuxos que dende o 2018 ata o 2023 fixo a autora de Bamio (Vilagarcía de Arousa), Afra Torrado, incluídas as súas senlleiras historietas da 'señora Barbuda'.
En palabras da propia Afra, o libro 'fala sobre o que penso e sinto, sobe buscar traballo (algo), sobre o amor (bastante) e sobre a miña loita contra a síndrome da impostora. O que conto nestas páxinas, por tanto, é (basicamente) que ás veces estou triste e non me gusta traballar.
Afra Torrado (Bamio, 1997) é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e titulada en Artes Gráficas. Publicou os seus traballos en fanzines, antoloxías como 'No seu despegar' (Apiario, 2016) ou 'Entre leiras e labores' (Urutau, 2022) e revistas como 'Dorna'. Coordina,, xunta a Pablo Rodriguez a non-editorial Leite Edicións. 'Fago o que podo' é o seu primeiro libro.