Xa temos repasado a historia do Carrumeiro Chico gracias a el. Pero o afán investigador de Vicente Jesús Bernal Tortosa faille continuar afondando no legado do patrimonio marítimo da nosa Costa da Morte.
Malia non contar con apoio das administracións, o autor corcubionés lanza de xeito autoeditado “El legado del Torpedero Habana, rescatando unha historia pouca coñecida, mesmo terxiversada polo paso do tempo. “Unha traxedia que se fixo mito, e que neste libro se conta toda a verdade do suceso e posterior realidade ata nosos días”, explícanos.