CONTOS DA CORUÑA

CONTOS DA CORUÑA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-633-4
Páginas:
264
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

20,95 €
Comprar

Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barrios populares, As Xubias, Eirís, Os Castros, A Gaiteira, Oza, O Montiño, Monelos, Elviña, Fontán, San Roque, O Labañou, que resumo son da Galicia toda. A Coruña que Xurxo Souto contempla colectivamente tracexada como unha cidade de músicos e navegantes, entre o palco da festa e o peirao do Muro, polo toque do acordeón e o golpe de mar.
Xurxo Souto descúbrenos unha cidade inédita para os medios de comunicación: a Coruña como unha cidade atlántica (onde sopra o vento de Nova York), enxebre e cosmopolita; como unha pedra chantada no océano; como unha cidade que naceu do mar e no mar ha ter o seu futuro.
Contos da Coruña é un primeiro e único manual de épica cascarilleira. Velaquí as grandes historias de heroes anónimos da Coruña como o Periquete, o patrón máis novo que mandou un pesqueiro de altura; os percebeiros da Punta Herminia; Pucho Boedo e Sito Sedes, cantantes preciosistas; o ciclista Clemente; ou Manuel Cajaraville, o gran bailador de Aturuxo e Cantigas da Terra. Velaquí un periplo tasqueiro insólito, que nos leva dende o Bar Los Claveles, sede do esplendor da tapa de orella prensada, ata A Toquera, refuxio de mariñeiros, ou á apoteose de os Peteras dos Belés, taberna fermosa no medio das torres de Monelos. Velaquí un libro que recolle tamén a primeira antoloxía do cantigueiro cascarilleiro, inzada de emocionantes repichocas e cantareas de historias lindas da memoria popular.
Contos da Coruña é, pois, un convite fraternal para armar un poderoso periplo tasqueiro no que procurar toda a xenerosidade gastronómica das nosas comarcas e das terras estremeiras de Galicia, agora felizmente cartografadas nos bares, tascas, baiucas e adegas do vello plano da Cidade do faro. Contos que arroutan o peito e aclaran a gorxa para nos dicir quen somos e que facemos neste curruncho da Humanidade ao que ben chamamos Galicia.

Otros libros del autor

  • SOMOS UN POBO DE ARTISTAS
    Titulo del libro
    SOMOS UN POBO DE ARTISTAS
    SOUTO, XURXO
    O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran re...
    En stock

    17,95 €

  • O RETORNO DOS HOMES MARIÑOS
    Titulo del libro
    O RETORNO DOS HOMES MARIÑOS
    SOUTO, XURXO
    Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes m...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €

  • A GRAN TRAVESÍA DE CHIRUCA MACALLÁS
    Titulo del libro
    A GRAN TRAVESÍA DE CHIRUCA MACALLÁS
    SOUTO, XURXO
    O arrastreiro Macallás sae das Arneiras, a cidade da Torre e da area do Berbés. O seu destino: Rockall, rocha perdid...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €

  • TRES TREBÓNS
    Titulo del libro
    TRES TREBÓNS
    SOUTO, XURXO
    "Tres trebóns" de Xurxo Souto reúne cinco relatos ("As fontes de Compostela", "A pesca do Mar-rau", "Aldea terremota...
    Disponible en 5 días

    20,50 €