Aparecida do nada , unha estraña vella enche as horas incómodas dunha muller atrapada entre o desexo de morte e o de vida . Son tempos de disparos , de represión , de olladas bixas e bocas pechadas . Tempos de vivir calando . O silencio dos días repetitivos vese interrompido por unha descoñecida , dona de segredos e idades innúmeras , e que , capa tras capa , coma unha árbore milenaria , irá desvestindo ata deixar núa a única das verdades deste mundo : a vida escribímola nós pero , cantas veces pasamos por ela ? A medias entre libro de aventuras e memoria oral do mundo , este libro fálanos do poder da oralidade e da necesidade de recuperar algo tan perdido como necesario : escoitar as nosas maiores , abrir o seu cofre de memoria