Cando o seu derradeiro intento de compromiso matrimonial fracasa debido á oposición paterna, Franz Kafka escríbelle unha carta a seu pai para tentar atopar algún punto de entendemento nunha relación chea de desencontros. Porén, a misiva nunca chegará ao seu destinatario: a nai de Franz, a quen o autor lle pide que faga de emisaria, decide destruíla, convencida de que só serviría para abrir unha fenda máis profunda entre pai e fillo.