CARLOS L. BERNÁRDEZ; XOSÉ RAMÓN MARIÑO.
Este traballo pretende recuperar unha parte esquecida do noso patrimonio artístico e simbólico. Aínda que a maioría das persoas hoxe non as "vexa", a arte medieval está repleta de representacións de animais, nas marxes dos manuscritos, na escultura decorativa, nos capiteis, nas cornixas e gárgolas e nos cadeirados de coro.
Os temas e motivos simbólicos dos animais fabulosos, con paralelos en Europa, presentan en Galiza unha riqueza e unha variedade verdadeiramente extraordinarias.
Os autores recollen na arte do noso país os exemplos de anfisbenas, basiliscos, bestas apocalípticas, centauros,dragóns, grifóns, harpías, sereas ave e sereas peixe e proprocionan un vasto
repertorio de textoa antigos e medievais e unha interpretación que permite comprender a súa omnipresenza nas nosas catedrais e igrexas.