Pois nós imos comezar o ano lendo, aquí tedes o libro de lectura para o segundo trimestre en 1 de ESO, unha obra coa que nos imos achegar ao xénero narrativo e máis concretamente á narrativa distópica. Que aínda non sabes o que é unha distopía? Non te preocupes, imos ter tres meses para descubrir este concepto e moitas cousas máis.
aprofa.gal
Un libro que trata temas fortes e na mesma medida importantes. Temas dos que non está ben visto falar, ainda sendo tan reais. Un libro valente, que é unha distopía na que os humanos xa fumos os causantes dun Gran Cataclismo, grazas ao cal tivemos que ir vivir baixo Terra, nunhas estruturas chamadas colmeas, polo seu parecido as residencias das abellas. A xente alí conta con escaseza total de auga, polo que todos teñen unha curiosa esfera flotando enriba da cabeza, aquestaticos, que indican toda a auga coa que contan para todo (beber, asearse, tareas domésticas...). Baixo o mando dunha Raiña, os obreiros e obreiras, e incluso os das clases altas, loitatan por sobrevivir e contra a desesperación, nun futuro non tan remoto e disparatado...
Good reads