A SOIDADE DO INQUISIDOR

A SOIDADE DO INQUISIDOR

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
HISTÓRICA
ISBN:
978-84-1110-559-0
Páginas:
384
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

19,50 €
Comprar

Durante o último terzo do século XVI, chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela rumores sobre prácticas pouco acordes coa doutrina católica no condado de Monterrei. O licenciado Xoán de Freixedo será o encargado de dirixirse á comarca do sueste ourensán para iniciar unha pescuda co fin de aclarar a natureza dos rumores.
A aparición duns cadáveres de mulleres novas mortas en estrañas circunstancias provocará que a pescuda se vexa alterada e que dea paso a unha intricada historia na que se verán implicados frades do colexio dos Xesuítas, o intransixente inquisidor Diego de la Cantera, a condesa dona Inés de Velasco e outros moitos personaxes. Arredor deles vaise tecendo unha conexión entre as accións guerrilleiras dos rebeldes portugueses, unha mancebía ambulante, o colexio xesuíta e unha confraría pagá practicante de antigos ritos.
A trama e o desenlace desta novela negra con fondo histórico seduce polo seu trepidante ritmo e por unha narrativa que nos mergulla nunha atmosfera de intriga atravesada pola transgresión, a intolerancia e a liberación.

Otros libros del autor

  • XEOPOLÍTICA, PANDEMIA E POSCAPITALISMO
    Titulo del libro
    XEOPOLÍTICA, PANDEMIA E POSCAPITALISMO
    BLANCO, ALBERTE
    Partindo dunha óptica non convencional e a través dunha opinión propiamente científica, honesta e obxectiva, en «Xeo...
    RECÍBELO EN 72H

    23,50 €

  • O CÓDICE ESMERALDA
    Titulo del libro
    O CÓDICE ESMERALDA
    BLANCO, ALBERTE
    O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla d...
    Disponible en 5 días

    22,95 €