Unha historia terroríficamente divertida, chea de sorpresas nunha noite escura de raios e tormenta na que "Unha velliña que soa estaba sempre desexaba ter compaña e todas as noites, moi triste e rechumida, sentaba a fiar, agardando visita. Ela fiaba e fiaba e agardaba e agardaba, pero a visita non chegaba." Así comeza este divertido conto rimado, no medio do bosque e cun monstro ás portas. Unha historia acumulativa de misterio, moito suspense e terror! Estrañas amizades, cun sorprendente final.